Opinión

Os extremeños tocánse

Eso dícese eiquí dos “extraños compañeiros de cama”, que dixera Fraga. Resulta que nas enquisas de Francia dánlle a maioría ao Frente Nacional (extrema dereita). Como eiquí no outro extremo a Podemos, comunistas que agora quérense disfrazar de social-demócratas.

A cousa é que a Europa dos pais fundadores –todos eles católicos, Schumann, De Gasperi e Adenauer – querían unha Europa non dos mercaderes, senón ollar ao home non como un absoluto, senón como un ser racional, respetando as súas culturas, as súas historias, as súas soberanías, xuntas pra edificar un continente que persiga a unidade e a paz, creativo e emprendedor.

Pois resulta que o FN de Marine Le Pen conta co apoio do exdirixente do KGB Vladimir Putin, o excomunista que manda en tódalas Rusias, que foi invitado ao XV congreso dos da extrema dereita francesa, que medra como consecuencia do cacao, das divisións que teñen os socialistas de Valls, e cunha dereita que olla cara o Sarkozy que pretende liderala e que tamén anda a velas vir.

Putin mandou ao congreso do FN ao vicepresidente da Duma, e quere “pagarlle” a Marine Le Pen cun creto de nove millóns e medio polo seu apoio cando se anexionou Crimea polas malas, que non polas boas. E esí meterlle un burato á Unión Europea, xuntándose cos de Podemos e outros euroescépticos.

“Amor con amor se paga”, inda que estén nas antípodas políticas. “Fanse extraños compañeiros de cama”, como dixera Fraga. Imos bos. E eiquí a pór en libertade aos etarras, amigos dos de Podemos.

Te puede interesar