Opinión

HUNGRÍA

Un 19 de agosto de 1989 chegamos os mozos de 'Castro Floxo', aos que eu acompañaba, logo de cruzar no autobús Francia, Italia, e de facer noite na fermosa cidade italiana de Cremona. Eu madruguei e fun á misa, xa que logo a catedral estaba pertiño do hotel onde pernoctaramos.


E ás dez da noite, logo de cruzar Austria, chegamos á aduana húngara, onde nos agardaban unos soldadiños que, menos a roupa interior, cacheáronnos a eito. Dúas horas na aduana húngara, onde xa nos meteron o medo no corpo. E, ás tres da madrugada, arribamos á cidade no noreste de Hungría, a Sátoraljaujhel (ao pé do Montoe Santo, en román paladino).


Aloxáronnos nun antigo convento que os comunistas lle requisaran aos frades. E unha comisaria política que chapurreaba o inglés, escomenzou a dar ordes, fixando os pobos nos que tiñan que actuar os nosos mozos e mozas. A cidade estaba a un tiro de pedra da Unión Soviética. O desaiuno non era bó, e o xantar na residencia, peor que peor. E as ceas tiñan lugar nas cidades onde atuaba 'Castro Floxo'.


Pola mañán paseabamos a cidade e fartámonos de beber cervexa, que dito sexa de paso, era boa e barata. Nos pobos onde actuabamos, o alcalde de turno facíanos un saúdo antes da cea, na que tiñamos que brindar cunha copa de augardente. Brindabamos pola paz. Si, a que elí reinaba á forza. Había carros de cabalos percheróns polas rúas das cidades que visitabamos. Elí escomenzábase a notar a perestroika do Gorbachov. E o día de San Estevo, patrón de Hungría, celebrouse nesta nación a primeira misa ao ar libre, coa presencia dos xerarcas comunistas, que pola tarde o xefe máximo daquela cidade botou un discurso dende o balcón do Concello, onde xa falaba de socialdemocracia (a mín traducíame unha moza moi fermosa que sabía o castelán). Eu pensei pra mín cando íamos a cear ao mosteiro do século XVIII, onde nos aloxabamos, que alí as cousas xa andaban a 'madurar'. Inda que a intérprete decíame que non.


'Castro Floxo' actuou en moitos pobos da provincia onde nos daban a cea, que dito sexa de paso era moi escasa. Ata o punto de que en Tarcal somentes ceamos leitugas, regadas cun viño ledicioso que facían pra exportar. Eu tiven que lle decir á intérprete que lle manifestara ao alcalde que deixaran de servir viño aos mozos e mozas, pois somentes coas leitugas ían agarrar unha castaña de non te menees. E pergunteille onde estaba o servizo, que llo preguntou ao alcalde, e díxome 'saíndo pola porta á dereita'. E encontreime cun eido que como dixera o lembrado estanqueiro ourensán 'nin intemperie había'.

Te puede interesar