Opinión

Tiananmen, 25 anos

O4 de xuño cumplíronse os vintecinco anos da matanza polo Partido Comunista Chino (PCCh) de milleiros de cidadáns que pedían liberdade e democracia na Praza de Tiannanmen en Pekín. Agora sae un libro do intelectual e disidente Ma Jian, que eiquí nas Españas sae co título "El camino oscuro" (Literatura Randon House). E Ma Jian escrebe un longo artigo lembrando aquela data que deu a volta ó mundo. E recordo como no vestíbulo do Hospital Santa María Nai, unha dona comunista faláballe a outra que non era: "Se te fixas -dicía- nun país de mil trescentos millóns de habitantes, a cousa non é pra tanto". E sorrín pros meus adentros, como aquela dona "xustificaba" a grande masacre de intelectuais, universitarios, obreiros, que pedían o que nos países civilizados disfrutan.

Inda que sexa con limitacións. O PCCh fixo a cuadratura do círculo ao gobernar eles soios e ten unha economía de mercado. Ou sexa, os bandullos cheos e a mente tiranizada polos xerarcas chinos. Naquela "subversión" masacrada, que nun ambente de liberdade -que pouco durou-, onde a xente utilizou a súa creatividade e maila súa intelixencia desafiando aos opresores que inda gobernan na China, tocaban as súas guitarras con baladas de Bob Dylan. E que a Orquestra Sinfónica de Pekín interpretaba o Hino da Alegría de Beethoven.

Foi unha masacre terrible. Como cando no 1956 os tanques rusos invadiran Hungría, que como dixera en Radio París, na que falaba o noso paisano Salvador de Madariaga: "¡Este sí que fue un alzamiento nacional!".

Te puede interesar