Opinión

Pan por pan

Modigliani Graciñas. Quero expresar o meu agradecemento a todas as persoas que participaron nos actos do pasado día 29. Grazas á comisión organizadora e ós amigos que tan ben e con tanta ilusión traballaron. Graciñas de corazón tamén ás máis de trescentas persoas que chegaron desde todo o país, loitando contra as estradas con neve. Graciñas tamén ós compañeiros e alumnas do Instituto de A Carballeira que me agasallaron un dos momentos máis auténticos da noite: aquel en que cantei co coro do Instituto, pelexando coa fonda emoción que me asolagaba. Graciñas polas súas xenerosas palabras a Bieito Iglesias, Suso de Toro, Cristina Berg, Manuel Rivas, Alonso Montero, Xosé L. Axeitos e Ramón Villares. E ós que estes días escribiron nos xornais co seu agarimo e a La Región. ‘Amei moito e fun moi amado’, dicíalle Blanco Amor en 1979 a Maribel Outeiriño: así me sentín eu tamén o pasado sábado.

Te puede interesar