Opinión

Anuladas, desposuídas, molestas

Este domingo paseino en Vigo, disfrutando dese clima suave que tanto anhelamos todas e todos, sobre todo co frío que estamos a padecer nestes meses de inverno. Así, collín as miñas cousas, achegueime a unha cafetería e tentei ler con calma o xornal. Estaban todos ocupados pero, por sorte, conseguín facerme cun suplemento dun deles, penso que da semana anterior, e puiden ler un artigo sobre a atroz situación da muller na India. Entón pensei, como tantas outras veces, como poderían pasar aínda cousas así no mundo e porque sempre coas mulleres. Informo: neste recuncho do planeta, coma sucede tamén en China, a poboación feminina descende ata tal punto que por cada cento trinta nascementos de nenos, únicamente cen son rapazas. Raro pero case mellor así, pois ser muller na India é un pasaporte para a infelicidade, o medo e o sufrimento.


Digo isto porque sei que as mulleres teñen neste país a consideración de cousas, obxectos para o disfrute do home. Cando nenas, non se lles alimenta ben, na procura dunha morte lenta, e as que chegan a adolescencia, son vendidas ao seu futuro esposo por medio dunha dote que, cando se esgote, significará a súa desaparición. Polo tanto, neste lugar de tradicións custionables, existen, para o sexo feminino, catro maneiras posibles de morrer. A saber, unha delas é, dende o meu punto de vista a mellor, non nacer, practicándoselle á nai unha interrupción do embarazo por catro duros en condicións, de seguro, insalubres. Outra, pagándolle a comadroa para que meta os bebés nunha bulsa plástica e os tire no caldeiro do lixo onde, desculpe o lector este acceso de ira, deberían estar eles. Así, existen ofertas de ecografía, con aborto incluído, para solucionar isto de ter fillas, o que, dende logo, constitúe unha sorprendente política demográfica.


Dura vida a de ser muller nun espazo pensado por e para os homes. Se tivesen nacido aquí, únicamente padecerían o machismo encuberto en doses discretas Pero este asunto de morrer na India non remata aquí, porque non todos os bebés son abortados ou asasinados. Tamén poden morrer, como indiquei máis arriba, lenemente, mentres medran, non sendo vacinadas nin alimentadas durante a infancia, o cal resulta tan cruel que, sinceramente, eu me pregunto ata que punto estes pais teñen sentementos. Parece claro que están embrutecidos ante a complexidade que supón criar unha rapaza.


De todos modos, algunhas sobreviven a esta infancia cruel e son vendidas ao seu futuro esposo e asasino. Dura vida a de ser muller nun espazo pensado por e para os homes. Se tivesen nacido aquí, únicamente padecerían o machismo encuberto en doses discretas. Alí terán que soportalo en cantidades industriais.


Con todo, e malia a carraxe que sentín, despois de ler este artigo sobre abusos contra as do meu xénero, puiden pensar con calma na causa de todo isto e, evidentemente, a miña conclusión foi que o berce é a ignorancia, pois nada pode haber máis perigoso que unha civilización sen educación nin cultura da análise e da reflexión. O descoñecemento convértese polo tanto nun forno no que levedan os prexuízos, o sexismo, a relixión extemporánea e patriarcal e, loxicamente, a inherente insensibilidade que derivará en todo tipo de abusos, coma estes que acabo de relatar e que, seguramente, moitos xa coñecerían, pero non por ser sabidos e coñecidos non poden ser repetidos e repetidos mesmo ata enfastiar.

Te puede interesar