Opinión

Tempos eurovisivos

Confésolles que me interesa bastante máis ver que canción elixen os suecos no seu “Melody festivalen” para Eurovisión que os desafines que poidan dar Cristiano Ronaldo ou Neymar nos aniversarios propios ou dos seus familiares. Por non interesarme xa case que nin me interesa nada ligado ó mundo do fútbol noso de cada día, contra o que temos que pelexar en audiencia case todas as sema- nas os que vivimos deste oficio da televisión. Nunca tan apropiada foi aquela expresión de “o opio do pobo” para definir esta saturación futboleira na que cando non se xoga un clásico xógase o partido do sécu-o ou algo polo estilo, dando a impresión de que do resultado depende algo de vital importancia como a saída definitiva da crise ou cousas polo estilo. Eu dende logo prefiro esa outra “culturización” lúdica na que os diferentes países europeos compiten harmonicamente a base de cancións, deseños de vestiario e últimas tecnoloxías audiovisuais; e as bandeiras soamente se utilizan para darlle cor e alegria ó evento nas mans dos eurofans convivindo en paz e harmonía; como moito, asubíaselle a Rusia no momento das votacións para darlle un toque de atención ós seus homófobos dirixentes. E digo todo isto asumindo que o día que se emita Eurovisión eu teño que competir directamente co noso “Bamboleo”, programa que por certo está a piques de comezar nova tempada.

Nin que dicir ten que a estas alturas de liga xa teño escoitadas boa parte das cancións que os paises europeos van dando a coñecer, incluída o “Amanecer” de Edurne que TVE leva este ano ó escenario de Viena; canción complicada de executar e de incerto resultado por non estar incluída nos cánones máis ou menos eurovisivos, e na que Edurne terá que facer un gran exercicio vocal se quere que luza en todo o seu esplendor. En calquera caso trátase dunha canción de calidade contrastada, que pode gustar máis ou menos, pero que non deixará a case ninguén indiferente; un tema composto polos autores de “Euphoria” de Loreen e “Quédate conmigo” de Pastora Soler; dous grandes temas sen dúbida algunha.

Ós máis eurovisivos fainos gracia que este ano participe excepcionalmente Australia, como premio a súa fidelidade de tantos anos co Eurofestival; a día de hoxe aínda non coñecemos a canción, aínda que sí o intérprete, o popular Guy Sebastian, pero a bó seguro que terá unha excelente acollida entre os fans europeos e, quen sabe, igual ten que coorganizar o festival o próximo ano nalgunha capital do vello continente, xa que as bases do Eurosong Contest non lles permitiría levalo a Sidney ou Melbourne no caso de que resultase gañadora.

Tamén ten o seu aquel ver como nos soprende Conchita Wurst exercendo de anfitriona despois dun ano de gloria, sendo musa de Jean Paul Gaultier e percorrendo escenarios e alfombras bermellas de media Europa e parte de América. Ben merecido o tiña despois da soberbia interpretación que fixera en Copenhague do seu “Rise like a Phoenix” co que se gañou o favor e o fervor dos telespectadores. 

Te puede interesar