Ourense
Posta en valor dunhas instalacións abertas para todos os ourensáns
Entre outras melloras feitas no Estadio de O Couto, máis alá do céspede e os termos máis cercáns ao propio interior do compo, executouse unha ampliación con obras no edificio administrativo para facilitar a organización independente dos usos deportivos, sociais, administrativos e representativos. A maiores, houbo melloras na seguridade e na imaxe interior e exterior das instalacións. Todas estas actuacións na zona do estadio de O Couto supuxeron un orzamento de 1,9 millóns de euros, aos que se suman os 800.000 da rexeneración do céspede, un céspede que xa tivo a súa posta de longo hai dúas semanas no partido entre UD Ourense e Betanzos e que terá a súa segunda proba de lume este domingo no partido igualmente da Terceira RFEF entre os rojillos e o Arosa.
O estadio do Couto é un dos grandes referentes do deporte ourensán ao longo das últimas décadas, xa que nel compiten os equipos Ourense Club de Fútbol e Unión Deportiva Ourense. Ademáis, estas instalacións acollen as sedes de distintas federacións deportivas. Deste xeito, ofrécese a deportistas, entidades e afección unhas instalacións de calidade que favorezan a práctica deportiva.
A remodelación do estadio do Couto era unha demanda a berros do deporte ourensán, cun terreo de xogo incapaz de soportar aos dous equipos máis importantes da capital. Inutilizado o estadio, o campo de Oira converteuse na casa de Ourense CF e de UD Ourense. Os primeiros aínda non volveron -todo apunta que o regreso será nunha categoría superior, na Primeira RFEF; los segundos xa utilizan a pleno rendemento o denominado santuario do fútbol ourensán.
Dentro dos traballos realizados levaronse a cabo diferentes obras de ampliación demandadas, circunscritas ao edificio administrativo, situado no fondo norte e que permiten agora organizar de forma totalmente independente os usos puramente deportivos daqueles de carácter administrativo-social e representativa que o estadio demanda.
A mellora deste estadio no corazón do barrio ourenán de O Couto está dentro da aposta que está a facer a Xunta de Galicia polas infraestruturas deportivas e a favor do deporte base, unha aposta que se traduce nos orzamentos do ano 2024 nun investimento de 17,5 millóns de euros.
A posta a punto do estadio de O Couto é un refrexo da necesidade de dotar a deportistas, entidades e afección dunhas instalacións de calidade que favorezan a práctica deportiva e o apoio. Porque o estadio é un referente do deporte ourensán.
Volve a competición ao campo do Couto, UD Ourense-Arousa, un dos partidos máis atractivos do calendario.