Xornal Escolar

Un boneco que camiña só

Hoxe imos facer un boneco que camiña só e co que poderás sorprender ós teus amigos. 

xornalescolar_2710_lixoteca_12
1 / 6

Os materiais que necesitamos son moi doados de atopar: dous vasos de papel, cartolinas de cores, unha goma elástica, unha pila que estea gastada, celo, tesoiras, pegamento e uns olliños decorativos.

xornalescolar_2710_lixoteca_09
2 / 6

O primeiro que faremos será decorar o boneco como máis che guste. Nós fixemos unha pitiña con tres pequenos anacos de cores e uns olliños decorativos. Para as ás, tan só terás que recortar un rectángulo con dúas das puntas redondeadas. Unha cresta como prefiras e un triángulo para o pico. Pero podes facer o que queiras.

xornalescolar_2710_lixoteca_08
3 / 6

Para que o boneco camiñe ben, tes que prestarlle atención a este paso. Deixamos os vasos a un lado e collemos a pila, a goma e un pouco de celo. Rodea a pila coa goma elástica e aprétaa contra os laterais da pila. Rodea con celo para que quede todo ben fixado como ves na imaxe.

xornalescolar_2710_lixoteca_06
4 / 6

Para continuar e cando teñas o boneco totalmente decorado nun dos vasos de papel, o que terás que facer é cortar dúas pestaniñas na parte inferior, o lado polo que se bebe. Unha vez que estean dobradiñas, introduce o vaso ó que non lle fixemos nada dentro do que está decorado.

xornalescolar_2710_lixoteca_05
5 / 6

Agora que a pila e a goma están unidas, collemos os vasos e pasamos as dúas puntas que quedaron libres nas pestanas que cortamos no vaso que quedou por arriba. Engánchaa aí e pega con celo para que non escape. Xa case estamos listos para botar a andar o noso boneco.

xornalescolar_2710_lixoteca_02
6 / 6

Agora si que estamos listos! Para que o boneco camiñe terás que seguir un paso máis: darlle moitas voltas á pila sobre si mesma para que a goma quede moi enroscada. Sen soltala, coloca o boneco sobre a vase dos vasos, sóltao e comezará a camiñar ó tempo que a goma se vai desenroscando. Xa sabes… Mans á obra!