Xornal Escolar

As comidas do Entroido

O Entroido, coma tódalas festas, ten os seus propios menús e estes son algúns dos ingredientes que non faltarán nas mesas esta fin de semana.

xornalescolar_2302_menus_001
1 / 6

Coma tódalas festas, o Entroido tamén ten as súas comidas típicas que, neste caso, non son moi lixeiras, polo que hai que consumilas con moderación. A raíña deste menú é o cocido, típico destas datas porque é cando podían comezar a comerse os chourizos e carnes curados xa das matanzas feitas a final do ano pasado.

xornalescolar_2302_menus_002
2 / 6

Algúns lugares concretos teñen tamén os seus productos típicos de Entroido. É o caso de Viana do Bolo ou O Barco de Valdeorras, onde por estas datas se consumen androlla e botelo, respectivamente. Son alimentos que teñen a mesma base có chourizo pero ós que se lle engaden máis ingredientes.

xornalescolar_2302_menus_003
3 / 6

Chegou a hora do postre e un dos máis típicos que só se consume nestas datas son as orellas de Entroido. O seu nome débese á que a súa forma é moi similar ás orellas do porco, pero están feitas cunha fina masa de fariña, ovo e leite que, cando está cociñada, leva azucre por riba. Como todo, cada casa ten a súa propia receita.

xornalescolar_2302_menus_004
4 / 6

Aínda que este postre se consume en calquera data, o Entroido é a súa época favorita. Son as filloas, feitas con fariña e leite e que se poden acompañar de doces ou mesmo ingredientes salgados. Pero o máis tradicional é botarlle azucre repartido por toda a superficie e cociñar unha montaña delas.

xornalescolar_2302_menus_005
5 / 6

E despois deste menú tan contundente, chegou a Coresma. Seguro que sabes que o Entroido finaliza co Enterro da Sardiña, un evento que simboliza que comezan 40 días nos que antigamente non se consumía carne, senón peixe, ata chegar a Semana Santa. Co tempo, este costume limitouse ós venres ata o Venres Santo.

xornalescolar_2302_menus_006
6 / 6

Cóntanos os teus pratos! No Xornal Escolar estamos desexando coñecer as túas dotes culinarias e o bo chef que eres, así que agardamos polas túas propostas gastronómicas para, entre todos, crear unha dieta rica e saudable cos teus alimentos favoritos. Envíanos os teus menús e receitas a “[email protected]”.