Xornal Escolar

Coñecendo os oficios e as profesións dende o colexio

Os alumnos da aula de cinco anos do colexio da Ponte desenvolven este curso un proxecto que os achega ás diferentes profesións e oficios. Deste xeito, durante o segundo trimestre coñeceron o traballo do apicultor, coa colaboración de mel Enxebre, aprendendo que existen distintas variedades de mel, así como a importancia das abellas na natureza. 

Tiveron tamén a visita dunha axente da Policía Local, da que lles chamou a atención como perseguen ós ladróns. Aproveitando a proximidade da estación do tren, puideron subir ao AVE e coñecer a profesión de maquinista. Sen saír do barrio, visitaron o restaurante A Feira converténdose en cociñeiros por un día. Finalmente, un grupo de nais e pais enfermeiros faláronlles da importancia dos primeiros auxilios. Os alumnos están desexando coñecer novas profesións neste terceiro trimestre.

xornalescolar_1204_ponte_01_01
1 / 5

Proxecto dos oficios no colexio da Ponte.

xornalescolar_1204_ponte_01_02
2 / 5

Proxecto dos oficios no colexio da Ponte.

xornalescolar_1204_ponte_01_03
3 / 5

Proxecto dos oficios no colexio da Ponte.

xornalescolar_1204_ponte_01_04
4 / 5

Proxecto dos oficios no colexio da Ponte.

xornalescolar_1204_ponte_01_05
5 / 5

Proxecto dos oficios no colexio da Ponte.