Xornal Escolar

Os mellores peixes

Comer ben é fundamental para que os pequenos medren fortes. E dentro desa dieta é imprescindible engadir pratos con peixe.

xornalescolar_0610_menu_05_resultado
1 / 6

Xa saberás o importante que é levar unha dieta equilibrada para que medres forte e saudable… E dentro desa dieta non debería faltar o peixe. Hai tantas variedades como gustos, pero todos teñen en común que son alimentos baixos en grasas pero que aportan moita enerxía para as túas actividades.

xornalescolar_0610_menu_02_resultado
2 / 6

Branco ou azul? Esa é unha das grandes preguntas e, antes de resolvela, teremos que saber que diferencia hai. Os peixes azuis teñen un contido máis alto en omega3, un elemento perfecto para os teus ósos. Aínda que os expertos recomendan introducir o branco primeiro para habituar ós máis pequenos ó peixe.

xornalescolar_0610_menu_04_resultado
3 / 6

Bocarte, atún, salmón ou sardiña son algúns dos peixes que conteñen máis enerxía e que che darán máis forza para tódalas túas actividades. Ademais, teñen unha proporción máis elevada de graxas saudables ca variedades como pescada, dourada ou robaliza. En xeral, tódolos peixes teñen menos graxas que as carnes.

xornalescolar_0610_menu_03_resultado
4 / 6

Coidado co mercurio! Un dos problemas que pode presentar o consumo de peixe é o do mercurio, un elemento que comen as diferentes especies por culpa da contaminación do mar. Os máis perigosos son os de gran tamaño, como peixe espada ou tiburón. Busca os que están considerados como baixos en mercurio.

xornalescolar_0610_menu_01_resultado
5 / 6

No caso dos máis novos, é importante cociñar ben os peixes para evitar intoxicacións alimentarias. Por iso, os menores de tres anos non deberían incorporar na súa dieta peixes pouco feitos ou variedades afumadas. Se dubidas, mellor conxelado para evitar cousas coma o anisakis.

xornalescolar_0610_menu_06_resultado
6 / 6

Cóntanos os teus pratos! No Xornal Escolar estamos desexando coñecer as túas dotes culinarias e que bo chef eres, así que agardamos polas túas propostas gastronómicas para, entre todos, crear unha dieta rica e saudable cos teus alimentos favoritos. Envíanos os teus menús e receitas a "[email protected]”.