EDUCACIÓN

Aberto o prazo para anotarse na escola infantil de Vilar de Santos

O prazo estará aberto ata o vindeiro mes de abril

O Concello de Vilar de Santos iniciou este mes de marzo o prazo para inscribirse na súa Escola Infantil para o curso 2018/2019, e estará aberto ata o vindeiro mes de abril. 

Este centro é un servizo público, de funcionamento diurno, titularidade municipal e xestión directa por parte do Consistorio. Permanece aberto de luns a vernes, en horario de 08,00 horas a 16,00 horas, e conta con dúas prazas de persoal especializado na atención educativa á infancia. Para o vindeiro curso, tal e como sinalan dende o Concello limiao, "continuaremos cos servizos de sempre, novos proxectos e actividades, enmarcadas dentro dunha planificación comprometida coa nosa realidade e cun ensino de calidade, contextualizado e dinamizador do medio". 

A Escola Infantil de Vilar de Santos abriu no ano 2013 e ten como obxectivo reforzar a dotación de infraestruturas e equipamentos públicos do Concello para facer fronte a novas demandas.

Te puede interesar