O Concello de Sandiás instala cubrecontedores
OBRAS PÚBLICAS
Arranxáronse bancos en diferentes zonas de aldeas como nos accesos a igrexa de Santo Estevo e tanatorio
O Concello de Sandiás conta con varias reformas e iniciativas menores. Dentro das reformas, o Concello conta coa renovación de sinais de estradas demandadas ao Ministerio de Fomento en dirección Arcos, Santana e Coedo.
Puxéronse cubrecontedores nos tramos do Camiño de Santiago o seu paso polo concello.
Arranxáronse bancos en diferentes zonas de aldeas do concello como nos accesos a igrexa e tanatorio da Igrexa de Santo Estevo en Sandiás, tanatorio e vivendas sociais en Piñeira de Arcos, Cerredelo, rúa Sopenedo en Vilariño, restauración ao carón do Polideportivo, na área de recreo do PAI e CEIP de Sandiás.
Fíxose unha limpeza das diferentes zonas urbanas en algunhas aldeas polo Obradoiro de Emprego Xinzo-Sandiás. Implantáronse uns bacheados puntuais en diferentes tramos de estradas e camiños secundarios como en Piñeira de Arcos, Santana e Cerredelo.
Continuase coa colocación e redistribución de taboleiros informativos e estanse a preparar bancales no PAI e no CEIP de Sandiás polo Obradoiro de Emprego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
EN CONFIANZA
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños