Aberto o prazo de inscrición para o Campus de Verán de Xinzo

campus
photo_camera Unha das actividades que realizaron o pasado verán: visita á Garda Civil.
Xa está aberto o prazo para inscribirse no Campus das Escolas Deportivas

O Campus de Verán de Xinzo de Limia volve coa chegada dos meses estivais para facilitar a conciliación familiar e laboral das familias da vila. Xa está a espertar un gran interese e, dende o Concello, prevén a participación dun cento de nenos. Este programa, que comezará o 3 de xullo, está promovida polo clube Escolas Deportivas coa colaboración do Concello. 

As actividades realizaranse durante todo o mes de xullo, en horario de 10,00 a 13,30 horas, contando con variedade de propostas, entre as que podemos destacar o pádel, a orientación, xogos deportivos e piscina, e outras de tipo lúdico como sesións de cine, manualidades e excusións.

Dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos, os participantes poderán elixir entre a primeira ou a segunda quenda de xullo, ou o mes completo. Opcionalmente, ofrécese un servizo "madruga" con entrada ás 09,00 horas.

Os interesados en participar xa poden inscribirse no Campus de Verán, podendo presentar os formularios no pavillón de deportes, piscina climatizada ou casa de cultura. 

Esta iniciativa súmase as numerosas propostas deportivas organizadas polo Concello en Xinzo para os meses de verán. A capital antelá contará con unha roda de capoeira, un torneo de baloncesto, bailoterapia, pilates ou aeróbic, así como ximnasia, fútbol e un campamento urbano. Variadas actividades para todos os cativos e para todos os gustos que buscan facilitar a conciliación durante os meses de vacacións escolares.

Dende a concellería de Deportes recordan que os interesados en participar nalgunha das numerosas actividades para o verán en Xinzo xa poden inscribirse a través do número 988 46 10 20. 

Te puede interesar