EDUCACIÓN

Aberto o prazo de matrícula na Escola de Vilar de Santos

Escola Vilar de Santos_result
photo_camera Exterior da Escola Infantil de Vilar de Santos.

O prazo rematará o próximo venres 7 de xullo 

A data para solicitar praza na Escola Infantil de Vilar de Santos para o curso 2017 /2018 rematará o vindeiro venres, 7 de xullo. Este centro público de titularidade municipal e xestión directa por parte do Concello, acadou durante o pasado curso as nove matrículas. A Escola ten un horario de 08,00 horas a 16,00 horas e conta con dúas prazas de persoal especializado. 

Segundo fontes municipais, xa fixeron a preinscripción nove nenos para o próximo curso, que comezará o día 1 de setembro co periodo de adaptación dos nenos e nenas. 

Os responsables deste centro de Vilar de Santos pretenden ofertar "servizos, novos proxectos e actividades dentro dunha planificación comprometida coa realidade do mundo rural e cun ensino de calidade, contextualizado e dinamizador do medio". Recalcando  ademais que a escola supón "unha  alternativa nun momento no que se está a producir unha supresión e reducción de aulas, profesorado e servizos educativos na provincia de Ourense, e que ven de reforzar a dotación de infraestruturas e equipamentos públicos para facer fronte ás novas demandas". Ao abeiro destas melloras, o centro permanecerá pechado durante o mes de agosto. Neste periodo acometeranse "pequenos arranxos, tarefas de mantemento e melloras no equipamento". 

O vindeiro día 30 de xuño terá lugar a clausura do curso na Escola Infantil. Haberá unha pequena festa con actividades de animación e unha merenda para os cativos e para as súas familias. 

Te puede interesar