O acceso ás piscinas en Xinzo, a través do móbil

piscinas
photo_camera Elvira Lama, rexedora, e Rafael Penabad, concelleiro.
Unha aplicación permitirá reservar e pagar as entradas, así como controlar o aforo do recinto

As piscinas exteriores de Xinzo abrirán as súas portas, segundo informaron dende o Concello, este venres -o horario será de 12,00 horas a 21,00 horas-. Entre as novidades destaca a posta en marcha dunha aplicación móbil gratuíta para realizar a reserva e pagamento de entradas e que, ao mesmo tempo, permitirá un control de aforo. Para empregar dita “app” soamente será necesario que o usuario, que poderá adquirir bonos ou entradas para diferentes xornadas nas que se especificará o horario e o prezo dependendo de se é maior ou menor de 16 anos, se rexistre cun documento de identidade e un contrasinal.

Esta “app” tamén facilitará proximamente a reserva doutras instalacións deportivas, como as pistas exteriores de tenis e baloncesto, que serán de uso gratuíto e nas que se estiveron a realizar obras. 

Por outra banda e segundo matizaron dende o Consistorio, para que as piscinas poidan abrir mañá as súas portas ao público foi necesario levar a cabo un arduo traballo, que se centrou en mellorar a calidade da auga coa posta en marcha dun sistema de cloración automática e de control do PH que levaba anos sen empregarse. Un robot encargarase da limpeza dos vasos.

Te puede interesar