Adega demanda datos sobre permisos mineros

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ven de denunciar ante o Valedor do Pobo que lle foi denegada información de relevancia ambiental do permiso de investigación mineiro 'O Areal' ubicada en Couso de Limia (Sandiás) por parte da delegación ourensá da Consellería de Economía e Industria.
Os feitos, segundo a asociación ecoloxista, sucederon o pasado 10 de agosto, aínda que non foi até o pasado luns cando se materializou a denuncia ante o Valedor do Pob ao entender que dende a delegación territorial se vulnerou a Lei estatal de información ambiental 27/2006 que, tal e como recordan dende Adega, recoñece a todas as persoas físicas o dereito a dispor da información sobre planes e proxectos que obran en poder da administración, así como a reproducción total e parcial deses documentos, mesmo aínda que se estea fóra do periodo de exposición pública e sen que haxa que acreditar a condición de interesado no proxecto.

A asociación insta a que se repita o periodo de exposición pública, ademais da apertura de expediente, sanción económica e inhabilitación do funcionario que denegou a información.

Te puede interesar