MEDIO AMBIENTE

Adegal urxe solucións para o coidado ambiental da Limia

photo_camera Explotación ganadera ubicada en la comarca de A Limia

Cre que a planta de residuos de Sarreaus compaxina a actividade produtiva co respecto ó entorno

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) reiterou onte a súa preocupación polo coidado ambiental da zona da Limia e insiste en que "o mellor modo para compatibilizar a actividade productiva con respecto ó entorno é manter en funcionamiento a planta de tratamento de residuos gandeiros" situada en Sarreaus. Adegal agradeceu onte, a través dun comunicado, o apoio que as forzas políticas, organizacións ecoloxistas ourensáns e os traballadores "están a manifestar para pedir á Xunta e á Deputación que adopten medidas dirixidas a lograr a reapertura da pranta, que tivo que pechar como consecuencia do decreto enerxético que a converteu en inviable económicamente".

Recorda a Asociación que aquela pranta demostrou, durante os sete anos de funcionamento, que se trata da mellor solución, xa que conta con tecnoloxía da máis innovadora de Europa no tratamento de residuos, que permitía reciclar 110.000 toneladas de xurros ó ano, transformándoas en abono orgánico idóneo para uso agrícola".

Adegal sinala no comunicado que a pranta "debe reabrir para permitir a reciclaxe de residuos e compatibilizar así a actividade productiva co coidado ambiental".

Sobre a importancia que o sector agrícola e gandeiro ten na economía da zona, Adegal recorda que del dependen moitas familias, ademáis de xerar numerosos empregos de modo indirecto. Así, sinala que un 25% dos afiliados á Seguridade Social na zona están directamente vinculados co sector primario. Asi mesmo, dentro da gandeiría, destaca a actividade de porcino, que supón o 50% do total de cabezas da provincia, así como o 37% das aves, o 24% dos ovinos, o 22% das coellas nai, o 20% dos bóvidos e o 11% dos equinos".

Te puede interesar