ENTREVISTA

"A administración debe cuidar a cartelería e dar ó idioma o valor social que merece"

Silverio Cerradelo1_result
photo_camera Silverio Cerradelo.

Silverio Cerradelo é un limiao de 52 anos, veterinario e licenciado en Filoloxía Galega, que pretende poñer de manifesto o mal uso que se fai do idioma galego en anuncios e carteis expostos polas institucións públicas na vía urbana.

O filólogo, que tamén impartiu docencia nos cursos da Xunta de Galicia para adquirir competencia en lingua galega (Celga), foi bolseiro no Consello da Cultura Galega e escritor de obras como "Os paxaros tamén migran ao sur" polo que recibiu o premio "Terra de Melide". 

De qué maneira xurdíu esta campaña de denuncia pública que está a facer?

Como filólogo, escritor e cidadán, son unha persoa moi concienciada sobre todo o que ten que ver coa lingua galega. Estiven pasando uns días en Xinzo, en Mosteiro de Ribeira e eu, que sempre poño moita atención a todo, percateime de varios carteis onde non se facía un uso correcto do galego. Pensei que podía chamar a atención sobre esta cuestión e sobre a importancia de escribir de xeito correcto no noso idioma. Fixen algunhas fotos e fíxennas públicas. 

Non falamos de erros que poidan cometer persoas particulares ou empresas, senon que veñen das administracións públicas. Cómo valora este feito?

Si, un destes casos era un cartel da Xunta, un anuncio de promoción do leite galego. O leite, en galego, ten xénero gramatical masculino. Estaba case todo ben, pero nun recuncho poñía "galega cen por cen", en femenino. Outro caso foi un cartel da Deputación de Ourense, ubicado no punto limpo de Xinzo, no que se podían ler as palabras "Urbán" ou "Infraestructuras". As formas correctas serían "Urbano" e "Infraestruturas", esta última sen ce. Os erros chegan ata Ourense xa que no xardín do Posío atopei "incumplimento" en lugar de "incumprimento", ou non molestar "aos animais". En galego o complemento directo non leva preposición a, sería "non molestar os animais". Estos casos son moi evidentes, en calquera diccionario se poden comprobar. Os organismos públicos son quen redactan a información destes anuncios e deberían informarse máis.

Por que cre que se cometen estes erros? As persona encargadas de redactar a información que aparece nestes carteis debería ter unha formación concreta e vencellada coa filoloxía?

Son cousas bastante básicas. Non é preciso ser lingüísta para redactar un cartel publicitario. Penso que quizais non teñen a suficiente preparación en galego ou non o revisan ben. Si debería de haber unha persoa con boa competencia lingüística que os revisase. Non sei se é tamén falta de interese, pero non se pode pensar así, hai que darlle máis importancia. Hai que darlle ao idioma o valor social que merece. 

Qué libro, manual ou publicación recomendaría para acadar un bo uso do galego?

O diccionario da Real Academia Galega é un bo recurso, pero no é suficiente, porque tamén se precisa a gramática e hai varias obras ás que se pode recurrir.

Te puede interesar