Agasallos para os que deron negativo no control de alcoholemia de Baltar

s3.laregion.archivo.202308_bpop.JPG_web
photo_camera Festa popular. (Foto: Xesús Fariñas).
O Concello celebrou a súa XIII Festa Popular, para fomentar unha vida saudable e o coidado do medio ambiente

A tradición e a cultura da raia mesturáronse onte no concello de Baltar coa celebración da XIII Festa Popular de Baltar. Na cita realizáronse numerosas actividades destinadas a fomentar a conservación do medio ambiente, a degustación de produtos locais, iniciativas para unha vida saudable e o deporte. Á cita festiva, que se celebrou na zona natural do caneiro, acudiron numerosos veciños e visitantes, así como os poboadores do outro lado da Raia, en Portugal, os que xa teñen o evento marcado no calendario.

Nesta edición houbo algunha novidade, como unha exposición do concurso medioambiental “Stop incendios”, no que participaron un cento de rapaces de entre tres e doce anos con debuxos relativos aos lumes forestais. Outra iniciativa peculiar foi o “Control de alcoholemia”: a organización premiou a todas as persoas que, de xeito voluntario, fixeron un control de alcoholemia e deron negativo.

Te puede interesar