Agricultores da Limia e Inorde, a prol da sustentabilidade

Reunión do Inorde e a Asociación de Produtores de Pataca da Limia
photo_camera Amador Díaz e Emma González xunto aos agricultores da Limia.
Emma González, achegouse ata a capitalidade limiá onde mantivo un encontro co presidente da Asociación de Productores de Pataca da Limia e tenente de alcalde, Amador Díaz, e varios agricultores desta agrupación. 

Os produtores de pataca da Limia e o Inorde aunarán esforzos para presentar unha candidatura única baseada na sustentabilidade á convocatoria da Asociación Europea da Innovación que ofertou a Axencia Galega da Calidade Alimentaria. 

Para esta finalidade, a xerente do Inorde, Emma González, achegouse ata a capitalidade limiá onde mantivo un encontro co presidente da Asociación de Productores de Pataca da Limia e tenente de alcalde, Amador Díaz, e varios agricultores desta agrupación. 

O obxectivo da xuntanza foi, nesta liña, crear “un grupo operativo entre ambas entidades que nos permita ir da man na demanda destes fondos europeos, que subvencionarán ao cen por cen proxectos innovadores que aposten pola sustentabilidade no sector agrario, e lograr orzamento para desenvolver unha iniciativa crucial para o regadío na Limia”, explicou Emma González. Mediante estes fondos búscase a creación dun proxecto de modernización das explotacións pataqueiras da comarca mediante unha dixitalización da rega.

Te puede interesar