O albergue de Sandiás mellora a súa accesibilidade

181021 visita Sandiás 2
photo_camera Un momento de la visita de Alén, segundo por la izquierda, frente a las láminas con imágenes de lugares emblemáticos de Sandiás.
Alén aproveitou o seu desprazamento ata Sandiás para conversar co seu rexedor, Felipe Traveso, sobre asuntos de actualidade municipal.

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, achegouse ata o municipio de Sandiás para coñecer as melloras que se están ultimando no seu albergue de peregrinos no marco do Plan director do Camiño de Santiago que remata este ano e que conta, entre as súas liñas estratéxicas, coa conservación e mantemento de todas as infraestruturas asociadas ao Camiño, incluidas  as de acollida. Neste senso, A Vía da Prata é o segundo itinerario con maior número de actuacións, con obras en cinco albergues -Ourense, Sandiás, Vilar de Barrio, Xinzo e Xunqueira de Ambía- que supoñen un investimento total de 90.000 euros.

As obras en Sandiás están a piques de rematar e inclúen a mellora do pavimento dos baños, a aplicación de esmalte nos compoñentes da carpintería da madeira interior, a colocación de zócalos de aluminio e topes na mesma carpintería e a adaptación do baño, así como a instalación dun sistema de alarma.

Alén aproveitou o seu desprazamento ata Sandiás para conversar co seu rexedor, Felipe Traveso, sobre asuntos de actualidade municipal. O delegado territorial puxo  en valor os recentes investimentos da Xunta neste concello, como o da Consellería de Medio Rural, de 40.401 euros, dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas; o de Medio Ambiente, de 2.999 euros, dentro das axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable; a proposta de Presidencia de 30.000 euros destinados á eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos en Couso de Limia e a de Augas de Galicia de 50.000 euros para as obras de abastecemento, saneamento e depuración en Vilariño das Poldras.

Te puede interesar