Ecoagro

As melloras no regadío limiao inícianse con 42 novos pozos

A actuación, anunciada na Mesa dos Regadíos, contará cunha inversión de catro millóns de euros

A semana comezou no Concello de Porqueira coa celebración da Mesa dos Regadíos da Limia, unha xuntanza que contou coa presenza do conselleiro de Medio Rural, José González, e cos presidentes das distintas comunidades de regantes -San Salvador de Sabucedo, Lamas Ganade, Corno do Monte e Alta Limia- e que serviu para anunciar o comezo inminente das obras para a construcción de 42 novos pozos, unha intervención que terá un custe de catro millóns de euros -sufragados pola Xunta- pero que será un primeiro paso para a demandada modernización do sistema de regadío limiao. 

Por comunidades, a de San Salvador de Sabucedo integrará seis pozos, 13 tanto Lamas Ganade como Corno do Monte, e a Alta Limia quedará con 10. 

Na súa visita a Porqueira, José González adiantou aos presentes -entre os que tamén se atopaba a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e alcaldes e alcaldesas da comarca- que o proxecto comprendería as obras necesarias para acadar a captación de augas subterráneas dende pozos de sondaxe e a súa posterior distribución mediante unha rede de tubaxes enterradas ata cada unha das zonas de rega, de tal forma que os agricultores disporán dunha toma de auga próxima aos seus cultivos con un caudal mínimo necesario que facilitará os labores de rega e favorecerá un uso máis eficiente da auga.

O representante de Medio Rural indicou, por outra banda, que este é un paso indispensable para a sinatura do convenio entre o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, a Sociedad Mercantil Estatal de Infraestructuras Agrícolas e ditas comunidades de regantes para levar a cabo o proxecto denominado de “Mellora para o aproveitamento en regadío das 42 captacións de augas subterráneas - A Limia 2022”. Dito proxecto global contará cun orzamento de 15,9 millóns de euros -o 80 por cento desta cantidade correrá a cargo do Goberno central e o 20 por cento restante á das comunidades de regantes-. O Goberno central tamén destinará outros 12 millóns de euros á limpeza das canles da Limia e dos camiños paralelos coa finalidade de mellorar a xestión dos subprodutos gandeiros e das augas para evitar e reducir a afectación medioambiental das prácticas agrogandeiras.

Apúntate a nuestra newsletter

La Región redobla su apuesta con la actualidad e incrementa su cobertura informativa con sus nuevas newsletters. Lo único que tienes que hacer para recibirlas es suscribirte aquí de forma gratuita. Los lectores podrán recibir cada día a primera hora de la mañana una selección con los titulares de la jornada. Asimismo, cada noche podrán conocer las claves que nos deja la jornada en la provincia con el boletín nocturno.

Los apasionados al deporte también tienen espacio con la newsletter deportiva. Cada viernes, la sección de Deportes de La Región selecciona las citas imprescindibles del fin de semana en Ourense. Los miércoles, turno para el boletín del Xornal Escolar, donde se detallan toda la actualidad de los colegios de la provincia, la agenda de actividades o las opiniones de expertos.

Te puede interesar