NATURALEZA

As árbores da praza Maior de Xinzo sofren de mildio

img_3950_result
photo_camera Algúns dos magnolios da praza Maior de Xinzo.

Técnicos do concello trataron os exemplares cun produto antimildio que permitirá que se poidan recuperar 

Técnicos fitosanitarios do Concello de Xinzo de Limia, en compañía do Concelleiro de Obras e Infraestruturas limiao Ricardo Sieiro, visitaron esta semana a praza Maior da capital comarcal para valorar o estado dos magnolios que a presiden. 

Segundo sinalaron dende o Consistorio, estas árbores tan significativas para o pobo e para a súa praza central, sofren de mildio, unha enfermidade que tamén se dá nas viñas e que afecta á cor das follas e provoca a súa caída, aínda que tamén pode afectar aos talos. 

O Concelleiro popular explicou que esta circunstancia está xustificada nos cambios climáticos tan extremos que está a sufrir Xinzo durante esta primavera, concretamente, nas altas temperaturas -de máis de 25 graos- que conviviron con xornadas de importantes precipitacións. Neste senso, engadiu que os magnolios xa están en tratamento cun producto antimildio que permitirá que estes exemplares volvan a lucir coma sempre. 

Por outra banda, o Concello limiao, a través da Concellería de Medio Ambiente está a piques de rematar a repoboación da vila con máis dun centenar de especies. As novas árbores estanse ubicando en lugares como o parque de O Toural, a avenida de Ourense ou as inmediacións da Casa da Cultura.

Te puede interesar