O arranxo da pista de A Rotea, en Xinzo, costará 53.000 euros

A ROTEA (1)
photo_camera O estado da pista de A Rotea na actualidade.
No proxecto para dotar dunha nova imaxe a esta pista pertencente ao concello de Xinzo de Limia traballaron man a man a concellería de Medio Rural que dirixe Amador Díaz e a de Urbanismo, representada por Ramón Gómez Salgado.

O Concello de Xinzo continúa adiante co plan de arranxo de pistas agrícolas nos entornos máis rurais e, o seguinte proxecto consistirá na adecuación da pista de A Rotea, en Lamas. Dita actuación será financiada pola Xunta de Galicia ao abeiro do Plan Marco e cunha achega específica de 52.783 euros. A Administración autonómica financiará así unha actuación que non só se centrará na mellora do firme, senón que incluirá a instalación de sinalización vertical para mellorar a seguridade viaria. A intervención completarase coa limpeza e o perfilado de cunetas. Ademais, nos cruces realizarase un reforzo asfáltico de catro metros. O prazo de execución será de catro meses e os traballos estenderanse por un total de 1.125 metros de vía. 

No proxecto para dotar dunha nova imaxe a esta pista pertencente ao concello de Xinzo de Limia traballaron man a man a concellería de Medio Rural que dirixe Amador Díaz e a de Urbanismo, representada por Ramón Gómez Salgado. Precisamente, Gómez Salgado insistiu na importancia de arranxar a vía deste punto do rural: “Co arranxo do firme, que está moi deteriorado, preténdese tamén mellorar a comunicación das explotacións agrícolas e gandeiras, facéndoas así máis competitivas”. Deste xeito, apuntaron dende o Goberno local, facilitando o tránsito de maquinaria conseguirase “unha mellor axilidade das operacións e unha redución de costes e tempo necesario” para poñer os produtos no mercado.

Te puede interesar