APICULTURA

A asociación Abellas Nais renovou a súa directiva

Un dos obxectivos desta xuntanza foi o de dar conta do estado económico da asociación

A asociación de apicultores galegos, Abellas Nais, celebrou na Casa da Cultura de Xinzo unha asemblea de carácter extraordinario. Un dos obxectivos desta xuntanza foi o de dar conta do estado económico da asociación xa que, na anterior reunión e debido á dimisión do tesoureiro, non se puideron presentar as contas correspondentes. Nesta liña, os apicultores acordaron manter a cuota anual dos socios en 20 euros. 

Outra cuestión que se abordou, ademais do nomeamento dun novo tesoureiro, foi a elección dunha nova vogal, xa que a anterior responsable tivo que abandonar a directiva "por motivos persoais". 

Un dos temas centrais da xornada foi o vencellado coa problemática da avispa asiática, a velutina. Trátase dun insecto que está invadindo a comunidade galega e afectando gravemente as cabañas apícolas. Nesta liña Medio Rural firmou un acordo o pasado mes polo que duplicou o número de trampas para loitar contra esta praga. Os novos medios para a erradicación do insecto foron repartidos aos apicultores durante a asemblea de acordo a un listado. 

Te puede interesar