ENTREVISTA

"Axudar aos demáis proporciona unha gran satisfacción aos voluntarios"

noemiiiiii
photo_camera Noemí Bahía

Noemí Bahía Blanco o é a coordinadora da Cruz Vermella de Xinzo dende fai tres anos

Noemí Bahía Blanco é a coordinadora da Cruz Vermella de Xinzo dende fai tres anos. Esta traballadora social comenzou exercendo de voluntaria na organización humanitaria e é a responsable da delegación limiá dende a súa creación. 

Cando se iniciou a actividade da Cruz Vermella en Xinzo?
No ano 2013 digamos que foi cando se conformou a delegación, pero ésta non contou con actividade ata o ano 2014. Ahí comezamos a facer cousas. 

Cal é a súa labor como responsable da delegación de Xinzo? 
Principalmente é a de coordinar o equipo de voluntariado nos diferentes proxectos que levamos a cabo. 

Con cantos voluntarios conta na actualidade a Cruz Vermella de Xinzo?
Temos cerca de 70 voluntarios no municipio aínda que participan  de xeito activo menos da metade, uns 30. 

Como colabora o Concello de Xinzo coa delegación?
O espacio no que traballamos, onde temos a oficina, é unha cesión do Concello. Tamén nos facilitan algúns materiais que precisamos, ás veces, para desenvolver as nosos eventos, cursos e campañas. 

Qué tipo de proxectos levades a cabo dende a Cruz Vermella de Xinzo?
Os nosos proxectos están diferenciados segundo a temática ou o sector da poboación ao que van dirixidos. Principalmente dividimos o noso traballo entre a  xuventude, as persoas maiores, a intervención social, o medioambiente, a formación e a saúde.  

E dentro destes proxectos, qué actividades desenvolvedes? 
No que atinxe á Xuventude levamos a cabo campañas de prevención de conductas violentas e educación para a saúde. Neste último punto abordamos cuestións como o a anorexia ou a bulimia. No ámbito dos Maiores inclúense  proxectos como a teleasistencia domiciliaria ou a axuda a domicilio complementaria. O programa de Intervención Social inclúe todo o vencellado con atención urxente ás necesidades básicas. Trátase de prestar axuda mediante o pago dalgún recibo ou axuda ao aluguer de persoas con dificultades económicas. Puntualmente facemos tamén campañas sobre medioambiente como "O día da auga". A formación dirixímola a poboación en xeral a través de cursos como o de Primeiros Auxilios e ao equipo de voluntariado, que contan con información específica. E por último traballamos no ámbito da Saúde. A última actividade ao respecto foi a Carpa da Saúde que instalamos en Xinzo, onde fixemos tomas de tensión e medicións de glucosa.

Animarías aos cidadáns da vila a facerse socios da Cruz Vermella? 
Sí. O feito de axudar aos demáis proporciona unha gran satisfacción aos voluntarios. Moita xente o inclúe tamén no currículum, é unha  experiencia importante.

Te puede interesar