Vilar de Barrio contará cun tractor de roza para previr lumes

Visita Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) ó concello de Vilar de Barrio, acompañdo polo seu alcalde Manuel Conce Gómez e do resto da corporación municipal.
photo_camera Manuel Baltar xunto a Manuel Conde, rexedor local, e a tenente de alcalde de Vilar de Barrio, Soraya Briz.
Manuel Baltar, achegouse ata o Concello de Vilar de Barrio, onde foi recibido polo rexedor local, Manuel Conde. Esta xuntanza serviu para avanzar en varias liñas de colaboración. 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, achegouse esta tarde ata o Concello de Vilar de Barrio, onde foi recibido polo rexedor local, Manuel Conde, e membros da Corporación local. Esta xuntanza serviu para avanzar en varias liñas de colaboración en materia de infraestruturas viarias, medioambiente, e cultura.

Por outro lado Vilar de Barrio será un dos municipios que se beneficiará dun acordo pioneiro entre o ente provincial e a Consellería do Medio Rural para dotar a este e outros concellos de tractores de roza adicados á prevención de lumes forestais. “Seguimos traballando para que Ourense sexa unha provincia máis grande”, afirmou Manuel Baltar. “Os concellos máis pequenos non poderíamos afrontar o noso desenvolvemento sen a axuda económica de entes como a Deputación”, apuntou Manuel Conde.

Te puede interesar