A mostra recolle traxes do circo, fotografías orixinais, documentos inéditos e obxectos da vida cotián de Benposta
Os nostálxicos de Benposta e do Circo dos Muchachos teñen a posibilidade de regresar á década dos 60 e revivir a historia desta peculiar comunidade no Museo Galego do Entroido de Xinzo de Limia. A Fundación "Benposta Nación de Muchachos" cedeu ao Concello de Xinzo ao redor de 400 pezas inéditas para conformar unha mostra de nova creación, que permanecerá aberta na capital de A Limia durante as vindeiras semanas.
A mostra componse de traxes do circo, fotografías orixinais, documentos inéditos, xornais e un sinfín de obxectos relacionados ca vida cotián en Benposta.
Os coordinadores do Museo do Entroido, entidade dependente do Concello de Xinzo de Limia, empregaron varioas semanas para preparar a mostra, que abríu ó público o pasado sábado nas dependencias no Museo.
Nela reflíctise unha boa parte da historia so proyecto de Benposta, retrotraéndonos aos anos 60, cando o Padre Silva, tentou ofrecerlle á xente xoven, un modo de vida baseado nos ideais de democracia, igualdade , pensamento crítico e xustiza. Unha forma de vida que se estendeu por todo o mundo a través do seu circo, que foi levado a distintos países. A vida comunitaria foi exemplo en Benposta e hoxe, pódese coñecer en boa parte no Museo do Entroido.