Camilo Brandín: "É importante escribir sobre os pobos, nas cidades é todo coñecido"

undefined
photo_camera Camilo Brandín.

Brandín recolle en “Recordos dun pueblo, Perrelos” alcumes, lendas, costumes e tradicións deste pobo de Sarreaus

Camilo Brandín adica o seu último libro “Recordos dun pueblo, Perrelos” aos seus netos e “ás futuras xeracións para que o recorden”. Recolle os alcumes, lendas, costumes e tradicións deste pobo de Sarreaus, aínda que poderían ser as de calquera  outro pobo -salvando as particularidades- dos da provincia de Ourense de antano. Para este doutor en Psicoloxía calquera tempo pasado foi mellor, como así demostra coa “añoranza” que confesa sentir.   

Que hai en “Recordos dun pueblo”? 
É a continuación de “Os xogos dos nosos rapaces”, pero agora falo das lendas e das costumes dos pobos, concretamente, de Perrelos, onde nacín eu. Son 22 apartados diferentes: un trata o Penedo do Arangaño, outro As Entubiadas, outro as Buieiras…Tamén recollo os nomes dos montes ou os dos alcumes -”o Conas”, “o Chanquiñas”, “o Faragullas”- son moi bonitos (ri). Os nomes dos montes están desaparecendo, ningún dos rapaces os chama polos nomes de antes. Eu quero escribilos porque así non desaparecerán. No Catastro están rexistrados 14 nomes de montes, e preguntando aos veciños contáronme 130. 

A despoboación do rural, unha vez máis. 

Exactamente. A iso refírome na introducción. Os pueblos totalmente abandonados. Cando empezou a pandemia, algúns empezaron a facer ioga e outros a calcetar. Eu dixen: ¿Por que non escribo sobre o meu pueblo? É algo moi interesante e importante, porque nas cidades non fai falta, xa que alí e todo coñecido. Neste pueblo había 200 veciños e agora soamente quedan 30. Precisamente falo desa añoranza: antes os rapaces xogaban e hoxe en día xa non cantan nin os carros. Tamén fago fincapé no esquecemento dos pobos: aínda que a agricultura e gandeiría destas zonas na pandemia foron cruciais, ninguén as puxo en valor. Hai que axudar a estes sectores.

Cal é a tradición ou costume máis importante de Perrelos?

O Penedo do Arangaño. Era a onde acudían os nenos con problemas de alimentación ou que non medraban. Ao pasar por debaixo dicían que se curaban as enfermidades. Había que deixar alí unha recompensa. O meu afán foi deixar todo esto documentado. 

E os elementos máis característicos?

A súa igrexa románica, que é a única da zona, e o Penedo do Arangaño. 

Como calificaría á súa xente, especialmente, hai anos?

A xente de antes era impresionantemente amable e participativa. Os veciños, sen pedilo, axudábanse os uns aos outros nos traballos que había que facer. Teño unha enorme añoranza desto.  

Por que antes se poñían tantos alcumes nos pobos?

A verdade é que é algo impresionante, antes ninguén chamaba ás familias polo seu nome, senon polo alcume. Eu deixeinos escritos tamén. Son bonitos. Antes cabreábase a xente e aora queren recordalos. Os defectos convertíanse en chascarrillos, pero non era algo negativo. Documentei uns sesenta. 

Por que cre que é importante que se coñeza o modo de vida de antano?

Era unha vivencia tan interesante e afable, cunha afectividade entre uns e outros… Eso agora desaparece. Xa non se xoga, e a escola converteuse nun tanatorio. Quero transmitir o bonito que era vivir antes.

Te puede interesar