Sendeirismo

O Castelo, en Trasmiras, contará con dúas rutas de sendeirismo

Emilio Pazos e conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez.
photo_camera Emilio Pazos e conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez.
para a creación destas rutas aproveitaranse pistas e camiños xa existentes

nnn O núcleo de Castelo, en Trasmiras, estreará nos vindeiros meses dúas rutas de sendeirismo. Para este proxecto de creación e acondicionamiento dos viais, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, comprometeuse a prestar o apoio necesario. Fíxoo nun encontro de traballo co rexedor de Trasmiras, Emilio Pazos, no que se definiu a actuación para crear dous novos itinerarios para transitar a pé ou en bicicleta. 

Segundo o proxecto presentado polo alcalde á titular autonómica de Medio Ambiente, para a creación destas rutas aproveitaranse  pistas e camiños xa existentes, nos que se acometerán obras ou melloras de pequena entidade coa finalidade de acondicionalos e sinalizalos. Tamén se prevé, do mesmo xeito, a definición de espazos de descanso e miradoiros, para contemplar a riqueza paisaxística e natural desta zona. 

Ánxeles Vázquez aproveitou o encontro para felicitar a Pazos Ojea por potenciar este tipo de iniciativas, pois ademais de ser ferramentas que poñen en valor o patrimonio natural da zona, subliñou, "son unha aposta por crear atractivos turísticos e atraer aos visitantes a recorrer a zona e gozar dos valores deste concello".

Na xuntanza celebrada en Santiago, tamén se explorou a necesidade de dispoñer de solo empresarial no municipio. Nese senso, Ánxeles Vázquez salientou a necesidade de redactar un plan especial para definir unha área industrial en colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo.n

Te puede interesar