O cemiterio de Trasmiras iniciarase neste verán

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Emiio Pazos Ojea (Alcalde do Concello de Trasmiras).
photo_camera Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Emiio Pazos Ojea (Alcalde do Concello de Trasmiras).
A construcción aprobouse en 2021 logo de superar os informes ambientais

O cemiterio de Vilaseca, no concello de Trasmiras, será unha realidade no transcurso deste verán, tal e como precisou o rexedor local, Emilio Pazos, na súa xuntanza de traballo co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen se comprometeu a respaldar dita construcción, así como o agardado proxecto da residencia de maiores. Trátase de dous proxectos básicos e moi necesarios na liña de mellorar os servizos deste municipio.  

No caso concreto da residencia, esta non puido iniciarse ao longo do pasado 2021 segundo subliñaron os representantes institucionais “por causas alleas ao Concello e á institución provincial”. Neste senso, o alcalde de Trasmiras asegurou que “intentaremos cofinanciar o proxecto entre Xunta, Deputación e o Concello. Pretendemos sacar un concurso de proxecto, obra e servizo, cofinaciado evidentemente co iniciativa privada”.

Por outro lado, o goberno provincial tamén cooperará no proxecto do novo cemiterio parroquial de Vilaseca. O rexedor de Trasmiras sinalou, neste caso, que esta é unha actuación “urxentísima”, debido á particular situación do actual camposanto -actualmente non ten espazo para ampliarse debido á súa ubicación, xa que se atopa rodeado de rúas-: “Ante esta particularidade, optamos por mercar unha parcela e recalificala para o seu uso coma cemiterio. Agora, co plan parcial e informado, faremos o proxecto de execución cos informes oportunos”, explicou o alcalde. Emilio Pazos avanzou que o obxectivo do goberno municipal “é poñer en paralelo a tramitación administrativa e ir facendo o trámite da financiación para executar a obra en canto teñamos luz verde. Estaríamos falando do verán”, anticipou.

Te puede interesar