D

Centros culturais limiaos unifican as programacións

O grupo Kerkennai nunha das súas actuacións deste ano.
O Centro de Cultura Popular do Limia -situado en Vilar de Santos- e o Museo da Limia unifican as súas programacións coa idea de mellorar o nivel de divulgación da cultura galega, un dos seus principais obxectivos. Nesta liña enmárcase a actuación prevista para o vindeiro día 22 de xuño, as seis e media da tarde, no Museo da Limia, do grupo musical Kerkennai.
Esta formación naceu no ano 2000 para 'canalizar as inquedanzas musicais e tentar de impulsar a actividade cultural na Baixa Limia'. Antes do traballo que se presenta o vindeiro sábado xa publicaron outros dous: 'Vía Nova' e 'Nas beiras do Lethes'.

O disco 'Un soño cotián de bolboretas', que se presenta no Museo da Limia o vindeiro 22 de xuño ás 6,30 da tarde, conta coa colaboración das voces de Uxía e Pablo Díaz; coas aportacións musicais de Pedro Pascual, Pablo Conde e Ariel Ninas; o texto é aportación de Delfín Caseiro.

Coa presentación do disco de Kerkennai 'Un soño cotián de bolboretas', comentado por Delfín Caseiro, consolídase a colaboración do Centro de Cultura Popular do Limia e o Museo da Limia.Esta colaboración vén sendo habitual, dende hai máis de dous anos, no ámbito da creación, da promoción e da divulgación da Cultura Galega dende as terras do Limia.


BÚSQUEDA DE EFICIENCIA

'As dúas entidades culturais traballan na formulación dunha estrutura asociativa común, que permitirá axuntar, coordinar, concentar e impulsar, dun xeito máis eficiente o traballo que ambas veñen desenvolvendo, dende a Limia, a prol da Cultura do noso País', sinala Xosé Antón Jardón, responsable do Centro de Cultura Popular.

Consecuentemente, a partir de agora estas dúas entidades planificarán e desenvolverán conxuntamente a súa programación cultural, para garantir o desenvolvemento dun maior número de accións e unha máis ampla difusión das súas propostas para que cheguen a moita máis xente.

'Estamos desenvolvindo distintas liñas de traballo, tanto no termo de actuacións como a de Kerkennai, como no eido das exposicións, aínda que os seguintes pasos están pendentes de pecharse, dentro desa programación conxunta de ambas entidades', explica Xosé Antón Jardón.

Te puede interesar