O Concello de Sandiás prepara un plan de emerxencia fronte á sequía este verán

O investimento ascenderá na súa totalidade aos 12.225,2 euros, dos que a Xunta aportará 9.825,20 euros e o Consistorio os 2.400 restantes. 

O Concello de Sandiás é un dos máis implicados da Comarca da Limia na prevención da recurrente sequía estival e na concienciación dos seus veciños, veciñas e visitantes sobre os usos responsables da auga. Cada ano, ademáis, dende o Consistorio sandianés emítese un bando informativo a toda a poboación para que se anticipe a situacións límites neste senso e prohibindo o uso deste ben para o rego de fincas e hortas, ou para lavar vehículos privados ou encher piscinas -tan so se permite para uso exclusivamente doméstico-.  Tamén, nesta ocasión, a Administración Local contará cunha axuda económica específica para desenvolver dun xeito máis extenso esta prevención. 

O municipio de Sandiás é un dos 69 de toda a comunidade galega que recibirá unha subvención coa que poderá elaborar un “Plan de Emerxencia fronte á seca” como así o informaron dende o Concello este mesmo martes. Trátase de axudas pensadas pola Xunta de Galicia para concellos que contan con menos de 50.000 habitantes. A Administración Autonómica financiará o 80 por cento do custe da redacción do plan, e o Consistorio aportará o 20 por cento restante. 

No caso de Sandiás, o investimento ascenderá na súa totalidade aos 12.225,2 euros, dos que a Xunta aportará 9.825,20 euros e o Consistorio os 2.400 restantes. 

Segundo puntualizaron dende o municipio limiao, os Plans de Emerxencia son “un instrumento clave” para preparar solucións “que garantan o abastecemento de auga á poboación, estando alerta ante calquera situación de emerxencia”, tal e como esgrimiron fontes municipais esta mesma semana.n

Te puede interesar