O Concello de Xinzo asume a titularidade dun tramo da rúa Curros Enríquez

A Deputación de Ourense solicitou no seu momento a correspondente autorización á Xunta para a cesión da titularidade a prol do Concello, e emitiu informe favorable para a transferencia do treito inicial desta vía provincial que comunica  Xinzo de Limia e Vilar de Barrio. 

O Concello de Xinzo de Limia xa é titular dun tramo de 310 metros de lonxitude -o treito obxecto do cambio de titularidade comeza á altura do punto quilométrico 0 e remata no punto 0+310- da rúa Curros Enríquez, polo que asumirá a súa conservación e mantemento a partir deste intre. 

O Consello da Xunta aprobou esta mesma semana o decreto polo que se autorizaba dito cambio de titularidade a prol do Concello do treito da estrada provincial OU-1102, denominada rúa Curros Enríquez; concretamente, desde o cruce coa rúa San Sebastián ata a intersección coa rúa Marcelo Macías.

A Deputación de Ourense solicitou no seu momento a correspondente autorización á Xunta para a cesión da titularidade a prol do Concello, e emitiu informe favorable para a transferencia do treito inicial desta vía provincial que comunica  Xinzo de Limia e Vilar de Barrio. 

Deste xeito, co cambio de titularidade aprobado esta semana, o Concello terá a competencia necesaria para actuar nesta vía e asumirá a responsabilidade do seu coidado. 

Tal e como subliñaron dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, a transferencia a prol do Concello de Xinzo de Limia tramitouse de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estableceu a súa aprobación por Decreto da Administración Autonómica e a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas logo do acordo entre as administracións implicadas.

Te puede interesar