O Concello de Xinzo mellorará a calidade das piscinas exteriores

piscina2
photo_camera Rafael Penabad, Ramón Gómez Salgado e Elvira Lama visitaron as instalacións.
 "Resulta de vital importancia traballar non só no que se ve, senón tamén no que non se ve, como é o tratamento das augas", asegurou Rafael Penabad.
 

O Concello de Xinzo traballa, como xa asegurara no pleno o edil responsable de Infraestruturas, Rafael Penabad, na posta a punto das piscinas exteriores co obxectivo de abrilas ao público para a tempada de verán a mediados do vindeiro mes de xuño. A intervención estase centrando na mellora da calidade da auga mediante a posta en marcha dun sistema de cloración automática e de control do PH que levaba anos sen empregarse: "Resulta de vital importancia traballar non só no que se ve, senón tamén no que non se ve, como é o tratamento das augas", asegurou Rafael Penabad.

Segundo recordaron dende o Consistorio, as últimas melloras levadas a cabo nestas instalacións consistiron na substitución de filtros de area e chaves de paso en mal estado, así como na adecuación do sistema de aspiración. A impermeabilización é outro dos temas que preocupa ao equipo de Goberno e estase a traballar xa no sellado dos vasos para evitar que se produzan perdas de auga. 

Por último, a imaxe das piscinas exteriores tamén mellorará coa substitución das lousas deterioradas.

Te puede interesar