O Conservatorio de Xinzo inicia hoxe os concertos das festas de Nadal

O mércores, ás 20,00 horas, será a quenda para os músicos do eido Profesional. 

O alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo ofrecerá tres concertos abertos con motivo do Nadal. O primeiro celebrarase hoxe martes, a partir das 20,00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Xinzo. Estará protagonizado polo estudantado de Elemental. 

Por outro lado, o mércores, ás 20,00 horas, será a quenda para os músicos do eido Profesional. 

Por último e se o tempo o permite, haberá unha actuación ao aire libre o xoves, ás 18,00 horas, na Praza Maior. Nel participarán os cativos de Música e Movemento, Iniciación musical, o coro e a banda. Haberá unha interpretación de panxoliñas a modo de despedida. Os mestres destacaron o “esforzo” e o “entusiasmo” do alumnado

Te puede interesar