Polémica

Elvira Lama, sobre as críticas de Vox: "O que non entenda a sátira e a burla do Entroido ten un problema"

Xinzo de Limia 2/2/20
Petardazo entroido Xinzo

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Un grupo de personas disfrazadas de independentistas cataláns.
A alcaldesa de Xinzo considera as críticas de Vox froito do descoñecemento do Entroido de Xinzo e da idiosincrasia dos veciños

A presenza dunha estelada no balcón do Concello de Xinzo durante o petardazo suscitou as críticas de Vox Orense ao considerar que con este acto a festa do Entroido quedou "eclipsada" pola presenza da bandeira.

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, explica como chegou a bandeira ao balcón: "Unha persoa da comisión do Entroido iba disfrazada con máis persoas de CDR e, nun momento dado, decidiu colocar a bandeira no balcón", sinala a alcaldesa da localidade, Elvira Lama. "Para min non é un erro", continúa a rexidora, quen considera que "o que non entenda a sátira e a burla do Entroido ten un problema".  

Neste sentido, Lama alegou que había moita xente disfrazada de "curas e papas, e ningún relixioso se sentiu ofendido pola crítica á Igrexa".

A rexidora socialista reivindicou o seu "constitucionalismo" e defendeu que no goberno municipal de Xinzo "non temos ningún tipo de sentimento independentista". En canto ás críticas da formación política, para Lama "Vox nin coñece Xinzo, nin o Entroido de Xinzo, nin a nosa idiosincrasia".

Te puede interesar