empresariado

Os empresarios apostan polo impulso económico da Limia

Os empresarios tamén fixeron referencia a temas como os regadíos, a limpeza de canles e ríos, a mellora das pistas de servicio ás explotacións, así como a depuración de augas residuais nos núcleos de poboación.

Representantes da Asociación de empresarios, gandeiros e agricultores da Limia (Adegal) mantiveron onte unha xuntanza coa alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, a fin de expoñerlle as súas inquedanzas sobre o desenvolvemento económico da comarca. Nesta reunión, á que tamén asistiu Amador Díaz, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural de Xinzo, os directivos de Adegal amosaron a súa aposta polo impulso e promoción da comarca da Limia, así como pola defensa de diversas problemáticas de ámbito administrativo, "nos que a parte agrícola e gandeira, perfectamente organizada e estruturada, camiñan cara unhas prácticas sostibles, tanto a nivel social, como económico como ambiental", apuntaron.

Os empresarios tamén fixeron referencia a temas como os regadíos, a limpeza de canles e ríos, a mellora das pistas de servicio ás explotacións, así como a depuración de augas residuais nos núcleos de poboación.

Tamén solicitaron dos representantes municipais de Xinzo que se inste á Confederación Hidrográfica Miño-Sil á participación activa nas mesas creadas por Medio Rural, tanto para o seguimento dos regadíos da Limia como para a xestión dos abonos. 

Te puede interesar