A Escola Rural de Saúde empoderará á muller rural en Xinzo

Brindarase apoio, formación e asesoramento social, psicolóxico e laboral ás mulleres que participen nesta nova iniciativa. 

A Escola Rural de Saúde da Limia continúa recuperando a formación en modo presencial con novos e interesantes cursos de ámbito comarcal. 

Baixo o título “Mulleres do rural en crecemento”, a vindeira semana -o mércores, día 12 de abril- terá lugar un encontro presencial a partir das 18,00 horas da tarde para abordar un programa específico mediante o que se procurará fomentar a igualdade de oportunidades  formando a aquelas mulleres do rural que máis o precisen.

Dende a Escola Rural de Saúde da Limia brindarase apoio, formación e asesoramento social, psicolóxico e laboral ás mulleres que participen nesta nova iniciativa. 

O encontro estará dirixido pola psicóloga Rosa Trujillo Bolaño e pola traballadora social Rebeca Rangel Sánchez. 

Será necesario, para poder formar parte desta actividade, anotarse previamente na propia Asociación Escola Rural -ubicada na Casa da Cultura de Xinzo-, chamar ao teléfono 603 78 44 35 ou enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected]

Te puede interesar
Más en A Limia