CINE

O filme da limiá Mirian Opazo estará no Festival de Cans

A limiá Mirian Opazo.
photo_camera A limiá Mirian Opazo.
A cineasta participará un ano máis no Festival de Cans co seu fime "Aínda hoxe ás horas"

A limiá Mirian Opazo, cineasta de Xinzo e candidata ás eleccións europeas na lista do Bloque Nacionalista Galego, estará un ano máis no recoñecido Festival de Cans

A sección oficial Furacáns proxectará o filme “Aínda hoxe as horas”, que a talentosa figura de Xinzo creou no último outono no Chanfaina Lab, un proxecto de creación artística no que participaron coñecidos nomes do cinema coma Oliver Laxe ou Jaione Camborda. 

“Aínda hoxe as horas” é unha obra que fala do amor, da morte e da lembranza, nunha sorte de carta romántica a través do medio natural.

Mirian Opazo xa conseguira situar unha peza no Festival de Cans na súa última edición, na que recibira a Mención Especial do Xurado coa recoñecida obra “Ningún Deus”, que se enmarca no sentimento do Entroido. 

A traxectoria da creadora limiá é xa recoñecida tanto no panorama galego coma estatal. Graduada en Belas Artes e cun Mestrado en Creación e Prácticas Artísticas, está a piques de iniciar o doutoramento en Historia da Arte na Universidade de Salamanca, cunha tese sobre a memoria e o cinema.

Te puede interesar