O Conservatorio de Xinzo de Limia festexa o fin de curso cun festival
MÚSICA
No presente curso, o Conservatorio de Xinzo de Limia ten no seu calendario escolar diversas actividades programadas, con obxectivos non só pedagóxicos para os rapaces, senón tamén para fomentar a música entre o propio alumnado e a propia vila.
Entre elas atópase o “Festival de Fin de Curso” que se organiza en xuño con motivo do remate do curso escolar. Dito Festival está composto por tres concertos. O “Concerto de Grao Elemental”, que se celebrou no día de onte e correu a cargo do alumnado máis novel, no cal tamén se fixo o “Acto de Graduación” dos rapaces que rematan este ciclo no cuarto curso de dito grao.
No día de hoxe, ás 20,00 horas, no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura, terá lugar o “Concerto de Grao Profesional”, a cargo do alumnado máis veterano, onde tamén se celebrará o “Acto de Graduación” dos alumnos que rematan o seu camiño no conservatorio.
Para rematar o terceiro dos concertos, celebrarase na Praza da Música, o día 21 de xuño, reunindo a todo o alumnado do centro. Así mesmo, tamén farase entrega dos títulos de Grao Profesional da promoción graduada no curso 2021/2022.
Nos tres concertos escoitarase repertorio moi variado, baixo a dirección dos profesores: Esmeralda Marra López, Jesús Dopazo Amorín, Elena Domínguez Rodríguez, María José Rodríguez Carrera, Eliseo Penín Rodríguez, Roberto Seara Abad, Nieves Llopis Tormo, Alejandro Martínez Ares e Cristina Vázquez Canal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
DÍA MUNDIAL DEL SÍNDROME DE DOWN
Elena Vaamonde, psicóloga de Down Ourense: "El síndrome de Down no se sufre, se tiene"
Itxu Díaz
El sutil movimiento pendular de la risa
MÉDICO INTERNO RESIDENTE
Andrea Carballo, la ourensana que sacó un 13,7 en la selectividad y ahora es la 314 del MIR
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad social y polarización