Obradoiro sobre dependencia e discapacidade do CDR O Viso
SAÚDE
Un grupo de 20 persoas participaron nunha charla sobre saúde e dereitos, grazas ao obradoiro que organizou o CDR O Viso, co ESAD de Xinzo.
Nesta ocasión foi Natalia López, a traballadora social do centro de saúde de Xinzo de Limia, a encargada de realizar o obradoiro “Somos un equipo”. Esta actividade está recollida dentro do programa “Saúde Comunitaria”, que se está a desenvolver por diferentes aldeas da comarca.
Debido á demanda da comunidade rural que participa nas actividades do CDR, Natalia explicou que é o documento de instrucións previas. Este documento, que comeza a coller relevancia e que impulsa a toma de decisións das persoas sobre a súa vida, permite manifestar de forma libre e anticipada os desexos sobre os coidados e tratamentos que puideran precisar no futuro.
Mañá repetirase a experiencia, pero esta vez ca fisioterapeuta Isabel Díaz no obradoiro “Mecánica corporal, prevención de lesións”, onde se tratarán temas tan interesantes como o coidado das costas e do solo pelviano e os beneficios do exercicio ao longo da vida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último