ENTREVISTA A...

“Galicia posicionouse na elite mundial do debate universitario"

ivan_result
photo_camera O antelán Iván Olmos Ferreiro.

Iván Olmos, recentemente graduado en Comunicación Audiovisual e expresidente do Club Debate Compostela, representou co seu compañeiro Adrián Lijó á Escuela de Finanzas de A Coruña. Caeron no derradeiro chanzo fronte as campionas. 

Se algo quedou perfectamente probado dende o pasado domingo en Córdoba foi que, para debatir, Ourense. Aida González acadou o título mundial de campiona de debate universitario en español logo de enfrontarse e superar ó protagonista de hoxe, nado en Xinzo de Limia. Iván Olmos, recentemente graduado en Comunicación Audiovisual e expresidente do Club Debate Compostela, representou co seu compañeiro Adrián Lijó á Escuela de Finanzas de A Coruña. Caeron no derradeiro chanzo fronte as campionas. 

Vénseme á cabeza un termo verbal indecoroso para preguntarlle pola sensación de perder diante doutro equipo galego e cunha integrante ourensán. 

Jode no momento. Coma a calquera, fastidia perder chegados a ese punto. Se ben é certo que hai un par de semanas asinaría cos ollos pechados chegar ata aquí, logo de caer precisei dun amplo momento de reflexión para asimilalo. Dende logo, non deixa ser motivo de ledicia que o título viñera para Galicia e recaese en mans de amigas.

Non vexo eu ao Real Madrid voltando á capital co Atlético logo de caer na Copa de Europa. Cómo foi esa viaxe?

(Os semifinalistas Iván Olmos e Adrián Lijo retornaron a Galicia cas campionas). Longa, ao comezo elas estaban desbordadas atendendo aos medios de comunicación, pero a sintonía entre os dous equipos é moi boa dende hai catro anos. 

Tanto nivel temos en Galicia para que sexamos os mellores debatindo en español?

Moi bo nivel. Galicia, nos dous últimos anos, posicionouse na elite do debate universitario tanto en España como a nivel internacional, polo que non sorprende que o resultado fose o que foi. A delegación galega era das máis grandes dentro da española e houbo tres equipos galegos que pasaron o corte a oitavos de final. Entre os xuíces tamén estaban algúns galegos (cinco entre cen), de feito era o primeiro ano que acontecía. 

Ésta non deixa de ser una disciplina nova.

Nos países anglosaxóns leva moitos anos. O modelo de debate no que se compite a nivel internacional, British Parliament (BP), comezou a se introducir en España hai apenas catro ou cinco anos. Aquí xa se debatía no modelo académico e séguese debatendo neste modelo no circuito nacional. Pero no ámbito internacional, o establecido tanto en español como en inglés é o BP.

Qué habilidades debe de ter un bo debatinte?

Aparte das habilidades en oratoria e retórica, debe de ter unha grande conciencia crítica e capacidade para argumentar e razoar posicións coas que a priori podes non concordar. 

Cales eran os países punteiros ata chegar os galegos?

Colombia, México e Chile quizais sexan os países que estiveron liberando ata ata agora lideraron sempre o ránking mundial.

Te puede interesar