O Grupo Limia Arnoia busca a sensibilización ambiental

O proxecto "Ti Contas" está centrado na sensabilización para os centros educativos

O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia iniciou este mes de abril o seu programa "Ti contas", un proxecto de sensibilización ambiental para centros da Limia e da Baixa Limia implicados coa conservación do medio. O programa desenvolverase en catro fases: "O conto motor", un espectáculo de teatro; a creación de "Grupos de Expertos", mediante unha dinámica de roles; "Xornalistas por un día", na que os cativos aprenderán a ser críticos coa información e a crear a súa opinión despois de consultar distintas fontes e a "Posta en común e conclusión". 

Os colexios participantes serán o Valle Inclán de Mugueimes, Sandiás, Padre Feijóo de Allariz, Xoaquín Lourenzo Xocas de Bande, Baños de Molgas, o CEIP do Xurés, Os Blancos, Sarreaus, Baltar, Santa María a Real de Entrimo, e o CEIP Curros Enríquez de Celanova.

Te puede interesar