Transporte

Infraestruturas axusta o horario dos autobuses do transporte escolar de Xinzo

Escolares toman el autobús en el instituto de Xinzo de Limia.
photo_camera Escolares toman el autobús en el instituto de Xinzo de Limia.
O mesmo departamento mellorará o saneamento no núcleo de Morgade

O departamento de Mobilidade da Xunta de Galicia vén de redactar un proxecto para axustar, do mellor xeito posible, os horarios dos autobuses que prestan servizo aos institutos de Xinzo. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporará, desta maneira, a petición trasladada polas Asociacións de Nais e Pais de Alumnos durante o período de participación pública do Plan de Transporte Público de Galicia. Grazas aos novos contratos o alumnado dos centros Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela verán corrixidos os desaxustes actuais nas expedicións de volta das viaxes de mediodía dos luns que, neste momento, están chegando ao instituto con bastante antelación ao inicio das clases da tarde.

Esta circunstancia non puido modificarse no presente contrato, que integrou as rutas de transporte escolar actuais dos centros educativos, polo que a problemática quedará solucionada no mesmo momento en que se adxudique e entre en funcionamento o novo servizo de transporte de autobús. 

Por outra banda, o departamento do que é titular Ethel Vázquez rematou outras actuacións de especial interese para o concello, entre elas, a mellora do sistema de depuración no núcleo de Morgade, para o que Augas de Galicia redactou un proxecto cun investimento de máis de 13.000 euros. A administración autonómica concluiu o proxecto e remitiuno a semana pasada  ao Concello. Nesta liña, o documento detalla as deficiencias detectadas no sistema, así como as actuacións necesarias para solucionar o problema.

Actualmente o núcleo de Morgade conta cunha rede de saneamento que está conectada a unha depuradora e algunhas vivendas, por problemas de cota, verten a unha fosa séptica situada na zona oeste do pobo. O Goberno galego vén prestando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que éstes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Te puede interesar