Johan Arias, escritor: "Eu son bastante clásico, considérome un artesán"

O escritor Johan Arias.
photo_camera O escritor Johan Arias.
Entrevista a Johan Arias, escritor de novelas, contos e teatro, ademáis de participar en conferencias e talleres literarios

 

Johan Arias naceu en Xinzo, no barrio de Abaixo. Estudou Literatura Francesa e Civilización Hispánica na Universidade Michel de Montaigne e na Complutense. Foi profesor en Burdeos e Madrid. Colaborou con Radio Exterior de España, o Grupo Editorial Hachette, o Instituto Francés e o xornal Sud Ouest. Escribe novelas, contos e teatro. Tambén participa en conferencias e talleres literarios. As súas intervencións realízanse en castelán, francés, catalán e galego.

Cantas novelas leva escritas?

Escribín a cuarta novela porque finalmente houbo unha traducción que se presentou na parte francesa a nivel de institutos, pero que era realmente unha traducción da versión francesa. Volvín a escribir no pasado agosto a versión castelá que non é unha traducción, xa que se distancia nalgúns momentos da novela francesa. Comecei cunha triloxía, cun mesmo personaxe na primeira parte. Algunhas son actuais, a segunda tamén é o mesmo personaxe pero non ten que ver coa outra versión. A terceira básase en Santiago de Compostela, aínda que de momento só teño notas. 

Pode explicarnos a sinopse de “El pacto del olvido”? é unha novela histórica?

É unha novela de amor. Ten referencias históricas e todos os personaxes non existen, excepto os que son históricos. Non escribo sobre historia, se non que dou conferencias de historia como a que estou dando agora de “Memoria e historia”, onde analizo o negacionismo histórico e, polo tanto, as fosas comúns que aínda marcan o territorio español. Adoito facelas en varias linguas pero non o relaciono co traballo literario. “El pacto del olvido” é unha novela intimista que transcorre nunha parte lendaria do “Camiño francés”, entre Saint-Jean-Pied-de-Port e Burgos. Unha viaxe marcada por encontros insólitos, amores imposibles e Memoria Histórica. Cunha mochila anticuada e unhas botas prestadas, Xavier atópase, por puro azar, no pobo de Saint-Jean-Pied-de-Port para perderse polo Camiño francés. Ao saír do cárcere, o único que ten claro é que “a fuxida non xorde dun acto premeditado ou dunha reflexión existencial. Ás veces, é necesario marcharse da mesma maneira que o é beber, comer ou durmir. Camiñar ata o esgotamento, arrastrado polo feitizo dunha fuga imaxinaria. Sen pensar en nada. Ou, mellor aínda, tentando esquecelo todo.” No trascurso do seu camiño particular, que o vai a levar ata Burgos, o antigo recluso localiza un estraño monumento e o tráxico secreto encerrado nos seus cimentos. Como no Xogo da Oca, terá que dar moitas voltas ata chegar ao núcleo do misterio. Ata descubrir “a paixón do sangue” que marcou unha guerra fratricida e o amor apaixonado de dous amantes dispostos a todos os sacrificios para volver a reencontrase no medio da traxedia. “O pacto do esquecemento” é unha novela intimista ambientada nun tramo mítico do Camiño de Santiago. Un percorrido marcado por encontros extraordinarios e amores imposibles…

Ten recibido algún premio polas novelas publicadas?

Agora mesmo acabo de recibir un correo electrónico da editorial Anagrama que a miña novela entraba nos premios Anagrama 2024. Se tes a posibilidade de conseguir o meu libro nunha biblioteca, poderás ver a marca no final de Xinzo de Limia, Nadal 2023.

Cree que cambiou moito a forma de escribir de cando era novo?

Sí, evidentemente cambiou moito. Agora mesmo se les a Camilo José Cela notas o cambio. Pero aínda así non hai unha forma definida nunha época. Hai influencias nos escritores de hoxe en día, que se ven influenciados por autores xaponeses ou gregos. Eu son bastante clásico, considérome un artesán.

Que opinión ten sobre a situación actual do mundo?

A xente fala de que estamos en guerra. Estamos nunha situación moi delicada, eso é evidente. Pero si falamos da situación que temos en Francia ou España, é moi diferente. O que se vive en Francia é unha historia moi distinta coa política española. Estamos nun mundo que non ten nada que ver. Francia parece ser revolucionaria pero se ves unha serie de situacións como a violencia de xénero, estamos moi por debaixo do que se está a facer en España. En Francia non hai medios para chegar a ese nivel, sen Ministerio de Igualdade. Co tema da guerra, humildemente, non teño o nivel de poder falar. A situación é moi peliaguda. Estamos ante a situación máis tensa deste século. O que está pasando non pasa así porque así. Está perdurando e calquera persona non se podía imaxinar que fora a durar tanto. Aquí nótase moito no mundo asociativo, xente que envía comida a Gaza. Moitas iniciativas con Ucrania tamén.

Te puede interesar