FESTIVAL

O Laroucofest ofrecerá música e xogos para todas as idades

20170703214255464_result
photo_camera Actuación nunha das últimas edicións do Laroucofest.

A dobre festa será na praia fluvial O Caneiro e coincidirá co Campionato Pre-Europeo de Parapente 

Baltar vivirá o vindeiro día 29 de xullo un día completo de festa para todas as idades e gustos. A novena edición da Festa Popular de Baltar e a terceira edición do Laroucofest prometen unha xornada inesquecible para todas as persoas que se acheguen a este concello da comarca da Limia. A praia fluvial O Caneiro será o escenario desta dobre festa que se iniciará ás 12,00 horas co Campionato Pre-Europeo de Parapente na Serra do Larouco. 

Pola tarde, ao redor das 16,00 horas, será a quenda para os xogos populares para maiores e para pequenos (estes últimos da man de "Cé Orquestra Pantasma"). Ás 18,45 producirase o acto de nomeamento da doutora Olimpia Valencia López como "filla predilecta". A partir das 19,30 horas haberá unha exhibición de parapente e paramotor, tiro á corda de equipos e cruce do río a través dun pao. Ás 21,00 horas proxectarase un vídeo en defensa da natureza para acompañar á merenda-cea popular. 

O Laroucofest dará comezo no mesmo lugar ás 22,00 horas. Xa están confirmados para o evento os grupos: "Os da porfía", "Tanto nos ten", "The tetas van" e "Sacha na horta". 
A xornada de festa estará amenizada en todo momento pola música dos gaiteiros "A Raia", as pandereteiras "As Xeitosiñas" e as "Concertinas de Montealegre".

Te puede interesar