A Limia ofreceu unha xornada de lecer e formación

Unha das actividades formativas.
photo_camera Unha das actividades formativas.
As casas de acollida de Lar Muimenta e Valdomiño uníronse, na fin de semana, nunha experiencia de aprendizaxe

As casas de acollida de Lar Muimenta e Valdomiño uníronse a pasada fin de semana nunha experiencia de aprendizaxe, onde se conxugou convivencia e formación.

Os nenos tiveron a oportunidade de sentir a natureza, sensacións, liberdade, aprender a compartir e coñecer tradicións ( roteiros, fornada, taller de coiro,...) guiados por monitores comprometidos co entorno e coa cultura. Os educadores participaron nunha xornada de formación sobre “A actualización da adolescencia: trastornos e resolución de conflictos”, ademais dos momentos de lecer compartidos e integrados nun entorno comprometido, segundo sinala Antonio Corbal.

Un grupo de máis de vinte persoas acudiron á cita da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Sección Antela. Gozaron dun paseo por ese espazo no que unhas persoas comprometidas co medio levan traballando moito; espazo que testemuñan esas 16 hectáreas da Veiga de Gomareite (Vilar de Barrio), engade. 

Tamén se achegaron ata o Mercado de Artesanía e Produto local en Vilar de Santos. 

Pola tarde, na casa reitoral de Lodoselo, unhas coarenta persoas participaron nunha actividade sobre a biodiversidade dos humidais e a súa importancia para a vida. Así, abordáronse as singularidades das aves e fauna desta contorna.

Te puede interesar