AVISO

Os locais públicos de Xinzo amplían o seu horario dúas horas

Concretamente os locais da vila poderán pechar máis tarde os días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro, e os días 4 e 5 de marzo

A Dirección Xeral de de Interior da Xunta autorizou aos establecementos públicos da vila de Xinzo a ampliación en dúas horas dos seus horarios de peche para os días da festa do Entroido. Concretamente os locais da vila poderán pechar máis tarde os días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro, e os días 4 e 5 de marzo, con motivo desta celebración. Esta autorización non supón a modificación da actividade para a que os locais da vila teñen a concesión de licenza.

Con relación ao Entroido de Xinzo, esta noite, a partir das 24,00 horas, terá lugar o agardado petardazo na praza Carlos Casares. que marcará o inicio do Entroido en Xinzo. Dende esa hora haberá batukada e a festa se estenderá por todas as rúas de Vila, con actuación de charangas.

Na xornada de mañá, domingo, as rúas de Xinzo tinguiranse de branco co domingo fareleiro. A partir das 16.30 horas farase o reparto de fariña na praza Maior, e ás 17.00 horas comezará a festa.
 

Te puede interesar